Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 08 de novembro de 1999 Páx. 13.099

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/372-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. rúas Hispanidade-Ourense.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 16 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un punto entre o C.T. Romil-Ourense e C. enlace Hispanidade, ata o C.T. que se proxecta na prolongación da rúa Ourense, rematando no punto de inicio da liña. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 17 de setembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra