Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 08 de novembro de 1999 Páx. 13.097

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/47-2, 5103 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: BEGASA

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, nº 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Vilela (Outeiro de Rei).

Situación: Outeiro de Rei.

Descricións técnicas: L.M.T. ó C.T. de Vilela Grande de 401 m a 20 kV sobre apoios de formigón e metálicos en conductor LA-56. L.M.T. ó C.T. de Cavadas de 93 m a 20 kV sobre apoios metálicos en conductor LA-56. L.M.T. ó C.T. de Saletas de 41 m a 20 kV sobre apoios metálicos en conductor LA-56. C.T.I. de Vilela Grande, C.T.I. de Cavadas e C.T.I. de Saletas os tres de 50 kVA de potencia e relación 20.000/380-220 V. R.B.T. de Vilela Grande de 2.290 m a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z. R.B.T. de Cavadas de 1.695 m a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z. R.B.T. de Saletas de 1.815 m a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución;

tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Lugo, 13 de setembro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo