Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: R.B.T. do C.T. Tella (polígono industrial).
Situación: Ponteceso.
Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de baixa tensión, a 380/220, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z., de 795 m de lonxitude con orixe no C.T. Tella e discorrendo polo polígono industiral de Ponteceso. Ponteceso.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 29 de setembro de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña