Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 04 de novembro de 1999 Páx. 12.960

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación do expediente sancionador P-115/1999 en materia de pesca fluvial, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, notifícaselles ás persoas

que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora deste procedemento a Paloma Quiroga López, e secretario a José Antonio García Blanco, funcionarios desta delegación provincial, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente de concorreren os supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días (15), contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para presentaren, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados, que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, sita na Ronda da Muralla, nº 70-1ª planta.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobada polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9).

Lugo, 13 de setembro de 1999.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente nº P-115/1999.

Denunciado: Martín Sequeiros Iglesias.

DNI: 34.387.921

Último enderezo coñecido: Estr. da Granxa, nº 37-4º, Ourense.

Feitos imputados: practica-lo deporte da pesca con cana sen estar en posesión da preceptiva licencia en vigor. Feitos constatados o día 27-5-1999 na marxe dereita do río Miño-encoro de Belesar, Sampaio, Taboada.

Precepto sancionador: 34.1º da Lei de pesca 7/1992.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: 50.001 pesetas de multa.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca por un ano.

Artes comisadas: unha cana e un carrete; atópanse depositadas nas dependencias da Delegación Provincial de Medio Ambiente.