Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 04 de novembro de 1999 Páx. 12.952

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 20 de outubro de 1999, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan aumentos de base impoñible pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Rial Alonso María e outra).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse: aumentos de base impoñible, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e empránzase os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio de secretaría desta delegación territorial (dependencia de notifica

cións), con enderezo na praza de América, bloque 1, portal oficinas 2ª planta, Vigo, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 20 de outubro de 1999.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

Interesado: Rial Alonso María, representada por Cándido Fernández Alonso. DNI: non consta. Medio-Rocío-Bouzas 62 baixo. Vigo.

Procedemento: imposto transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Exp. T-19960/95 afectado polo artigo 14.7º. R.D 1/1993.

Interesado: Rial Alonso María Alcira. DNI: non consta. Medio-Rocío-Bouzas 62. Vigo.

Procedemento: imposto transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Exp. T-19960/95 afectado polo artigo 14.7º. R.D 1/1993.