Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 04 de novembro de 1999 Páx. 12.947

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 1999, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa no aluguer duns locais sitos en Santiago de Compostela, para instalar dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comu

nidade Autónoma e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 13/1997, do 23 de xaneiro,

RESOLVO:

Facer público que, por razón da necesidade do servicio e da limitación do mercado inmobiliario da zona, se xustifica, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Economía e Facenda, a utilización do procedemento de contratación directa no aluguer dos locais números 7N e 71-1ºB situados na primeira planta do centro comercial Área Central, no polígono das Fontiñas, de Santiago de Compostela, para instalación de dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 1999.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda