Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 04 de novembro de 1999 Páx. 12.944

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 1999, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, pola que se outorgan os destinos correspondentes ó concurso de traslados do 25 de xuño de 1999 (BOE do 8 de xullo) pola que se convocaban a concurso de traslados prazas vacantes de forensías e agrupacións de forensías para o corpo de médicos forenses.

Visto o expediente instruído para a provisión en concurso de traslados de forensías e agrupacións

de forensías vacantes, anunciado pola Resolución do 25 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, publicada no BOE do 8 de xullo, e de conformidade co establecido nos artigos 455 e 500.1º da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial; Real decreto 296/1996, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de médicos forenses, e Real decreto 1619/1997, do 24 de outubro, polo que se modifica o Regulamento orgánico do corpo de médicos forenses,

Esta dirección xeral

RESOLVEU:

Primeiro.-Nomear para os destinos que se indican os médicos forenses que no anexo se relacionan, que reunindo as condicións legais teñen dereito preferente.

Segundo.-Declarar desertas aquelas prazas convocadas no concurso que non foron cubertas por un titular.

Terceiro.-1. O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será dun mes pero, cando non implique cambio de residencia, deberá efectuarse nos tres días hábiles seguintes ó do cesamento.

2. O prazo para a toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución no BOE.

3. Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita publicación.

Cuarto.-O traslado do funcionario que se atope gozando das vacacións, permisos ou licencias de enfermidade e embarazo terá efectividade a partir da finalización destas. O día da súa incorporación cesarán no seu anterior destino, dispoñendo a partir dese momento de tres días hábiles ou un mes de prazo posesorio.

Quinto.-Recursos.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo da provincia da Coruña no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa publicación no BOE, de conformidade co establecido nos artigos 14.2º e 25 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa; ou ben recurso potestativo de reposición ante este órgano no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación no BOE, segundo o establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novem

bro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 1999.

José Antonio Álvarez Vidal

Director xeral de Xustiza e Administración Local

ANEXO

Nº orde: 1.

Apelidos e nome: Suárez Dono, José Manuel.

Destino anterior: Primeira Instancia e Instrucción números un, dous e tres de Betanzos.

Destino adxudicado: Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Ferrol e Ortigueira.