Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 03 de novembro de 1999 Páx. 12.919

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

EDICTO.

No BOP número 234, correspondente ó día 11 de outubro de 1999, aparece publicada a convocatoria para cubrir, en propiedade, polo sistema de concurso por promoción interna, unha praza de cabo da policía local, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase policía local e categoría policía local, pertencente ó grupo D.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria faranse públicos, unicamente, cando proceda en cada caso, no BOP da Coruña e no taboleiro do Concello de Ames.

Ames, 26 de outubro de 1999.

O alcalde

Rubricado