Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 03 de novembro de 1999 Páx. 12.905

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1999 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, das asistencias técnicas de clave PO/99/69.1 e dúas máis.

a) Asistencias técnicas.

1. Asistencia técnica para a redacción do proxecto de construcción, incluída cartografía, da obra de acondicionamento da estrada PO-403 Ponteareas-Salvaterra de Miño, treito: A-52-Salvaterra.

Clave: PO/99/69.1.

Orzamento: once millóns trescentas corenta e oito mil duascentas sesenta e oito pesetas (11.348.268).

Prazo de execución: 6 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase de conformidade co artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:

-O contratista dispón do equipo técnico e humano preciso para a realización dos traballos, segundo as especificacións que se conteñan no prego de prescricións técnicas.

-O proxecto será un enxeñeiro de camiños cunha experiencia en proxectos de estradas.

Acreditarase conforme o disposto no artigo 19 a) e b) da LCPA.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

2. Asistencia técnica ós desvíos dos servicios afectados polas obras de estradas existentes de ámbito autonómico e pertencentes á Xunta de Galicia.

Clave: GA/99/63.1.

Orzamento: dezaseis millóns duascentas cincuenta mil sesenta e nove pesetas (16.250.069).

Prazo de execución: 12 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase de conformidad co artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:

-O contratista dispón do equipo técnico e humano preciso para a realización dos traballos, segundo as especificacións que se conteñan no prego de prescricións técnicas.

-O adxudicatario será un enxeñeiro industrial con experiencia en valoración e execución de liñas eléctricas e de teléfonos.

Acreditarase conforme o disposto no artigo 19 a) e b) da LCAP.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

3. Asistencia técnica para a redacción do proxecto de obras de infraestructuras viaria no termo municipal de Lugo. Convenio Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-Instituto Galego de Vivenda e Solo-Deputación de Lugo-Concello de Lugo 31-5-1999.

Clave: LU/99/67.3.

Orzamento: vinteseis millóns setecentas vintesete mil trecentas cinco pesetas (26.727.305).

Prazo de execución: 12 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase de conformidade co artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:

-O contratista dispón do equipo técnico e humano preciso para a realización dos traballos, segundo as especificacións que se conteñan no prego de prescricións técnicas.

-O proxectista será un enxeñeiro de camiños cunha experiencia en proxectos de estradas e vías urbanas.

Acreditarase conforme o disposto no artigo 19 a) e b) da LCAP.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

(Declaradas urxentes consonte o artigo 72 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes,

para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase un garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 del Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

g) Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 1.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda