Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 03 de novembro de 1999 Páx. 12.903

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se fai pública a adxudicación do contrato da obra RC-OUR-99.13.

Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

1. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo.

b) Descrición do obxecto: reforzo de firme na travesía da Rúa, na estrada C-536.

c) Clave: RC-OUR-99.13.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 146, do 30-7-1999.

2. Orzamento base de licitación.

Importe total: 16.131.939 ptas.

3. Adxudicación:

a) Data: 10-9-1999.

b) Contratista: Acoval, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 13.825.072 ptas.

O que se fai público, en cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e dos artigos 58 e 59 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación ou publicación do acto que pon fin á vía administrativa, conforme o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Ourense, 29 de setembro de 1999.

P.D. (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro)

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense