Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 03 de novembro de 1999 Páx. 12.883

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 21 de outubro de 1999 pola que se modifica a do 20 de maio de 1999, de protección das razas bovinas autóctonas en perigo de extinción, de acordo co Plan integral de mellora xenética do gando vacún de Galicia.

Por Orde do 20 de maio de 1999 disponse a protección das razas bovinas autóctonas en perigo de extinción, de acordo co Plan integral de mellora xenética do gando vacún de Galicia.

Para a correcta xestión e desempeño técnico do programa de axudas recollido na devandita orde é necesaria a modificación do artigo 6.3º, e tamén o parágrafo segundo do artigo 7.

Por todo isto, de acordo co disposto no artigo 30.1º 3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Primeiro.-Modifícase o artigo 6.3º da Orde do 20 de maio de 1999, de protección das razas bovinas autóctonas en perigo de extinción, de acordo co Plan integral de mellora xenética do gando vacún de Galicia, que queda redactado do seguinte xeito:

«Axuda á recría: por cada femia obtida, cando cumpra un ano de idade: 50.000 ptas., comprometéndose a mante-la femia como mínimo ata os 24 meses».

Segundo.-Modifícase o artigo 7 no parágrafo 2, da Orde do 20 de maio de 1999, de protección das razas bovinas autóctonas en perigo de extinción, de acordo co Plan integral de mellora xenética do gando vacún de Galicia, que queda redactado do seguinte xeito:

«O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de novembro de 1999».

Terceiro.-Esta orde de entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 1999.

Cástor Gago Álvarez

Consellerio de Agricultura, Gandería e Política

Agroalimentaria