Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 02 de novembro de 1999 Páx. 12.817

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 1999, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, pola que se modifica o anexo IV da do 30 de xullo de 1999 (DOG do 26 de agosto), pola que se resolve o concurso público para a concesión de bolsas de predoutoramento (nova adxudicación, primeira e segunda prórroga) convocado no anexo V da Orde do 18 de xaneiro de 1999 (DOG do 25 de xaneiro).

De conformidade co disposto na resolución dictada polo conselleiro da Presidencia e Administración Pública do 16 de outubro de 1999, pola que se estima o recurso de alzada presentado por Teresa Quiza Varela, esta Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento

RESOLVE:

Primeiro.-Modifica-lo anexo IV da Resolución do 30 de xullo de 1999 (DOG do 26 de agosto), pola que se resolve o concurso público para a concesión de bolsas de predoutoramento (nova adxudicación, primeira e segunda prórroga), convocado no anexo V da orde do 18 de xaneiro de 1999 (DOG do 25 de xaneiro), incorporando o posto nº 16 da lista de suplentes do mencionado anexo IV inmediatamente despois de Francisco Javier González Sánchez e antes de Elena Mosquera Souto a Teresa Quiza Varela, con DNI. 32.659.448 T.

Contra esta resolución poderán interpoñer potestativamente os interesados recurso de reposición ante o mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó de publicación desta resolución. De non estima-la interposición deste recurso poderán interpoñe-los interesados recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 1999.

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación

e Desenvolvemento