Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 29 de outubro de 1999 Páx. 12.789

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/370-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Avda. de Redondela II.

Situación: Redondela.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 678 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. TRO 718 entre o C.T. Cidadelle e o C.T. Avda. de Redondela, ata o C.T. que se proxecta en Avda. de Redondela II, concello de Redondela, rematando no punto de inicio da liña. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T., subterránea, de 22 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 14 de setembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra