Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 28 de outubro de 1999 Páx. 12.760

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do día 19 de outubro de 1999, adoptou acordo que na parte dispositiva di:

Primerio.-Aproba-la proposta do concelleiro-delegado de Urbanismo e, en consecuencia, encomendarlles ós servicios municipais que se elabore a modificación das vixentes normas subsidiarias de planeamento para a reordenación do cuarteirón entre as rúas 3 e 5 da vila de Sanxenxo.

Segundo.-Abeiro do disposto no artigo 34.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, suspender polo prazo dun ano o outorgamento de licencias ás que se refire este na área sinalada no punto primeiro e plano que se une a esta proposta.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse directamente e no prazo de dous meses desde a publicación deste anuncio, o recurso contencioso-administrativo ante o órgano correspondente da xurisdicción contencioso-administrativa de acordo co disposto nos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso potestativo de reposición, que deberá fundar en calquera dos motivos de nulidade ou anulabilidade previstos nos artigos 62 e 63 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, perante o mesmo órgano que dictou o acto administrativo e no prazo dun mes e de que poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que considere procedente.

Sanxenxo, 19 de outubro de 1999.

Telmo Martín González

Alcalde