O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo artigo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, do 11 de maio) e coa autorización expresa prevista nesta mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a continuación se cita:
Obxecto: equipamento de esterilización-Plan de Necesidades 1999.
Orzamento: 19.500.000 ptas. (117.197,36 euros).
Garantía provisional: 390.000 ptas. (2.343,95 euros).
Lote 1: esterilizador con peróxido de hidróxeno.
Orzamento: 9.500.000 ptas. (57.096,15 euros).
Garantía provisional: 190.000 ptas. (1.141,92 euros).
Lote 2: esterilizador de vapor.
Orzamento: 10.000.000 de ptas. (60.101,21 euros).
Garantía provisional: 200.000 ptas. (1.202,02 euros).
I. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto. Tramitación urxente do artigo 72 da LCAP.
II. Prazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
III. Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.
IV. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
V. Criterios de adxudicación:
Oferta económica45%
Características técnicas e prestacións30%
Servicio de asistencia técnica25%
Total100%
VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no servicio de contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio do hotel de pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.
VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asignados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.
VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa do hotel de pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
IX. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
X. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 22 de outubro de 1999.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Complexo Hospitalario
Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña