Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 28 de outubro de 1999 Páx. 12.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 22 de setembro de 1999, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado, intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, resolución do expediente de desafiuzamento administrativo 48/1997.

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, notifícaselle a Manuel Lage Gantes a seguinte resolución do desafiuzamento 48/1997 por ocupación sen título legal para vivenda identificada como expediente C-85/080, conta 25, dictada polo delegado provincial con data do 4 de marzo de 1999.

Contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públlicas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación.

E para que conste e lles sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 22 de setembro de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente de desafiuzamento: 48/1997 (ocupación sen título).

Adxudicatario: Manuel Lage Gantes.

Último domicilio coñecido: r/ Castiñeiras de Abaixo, 23, P-3, 1º B (A Coruña) (C-85/080, conta 25).