Vista a solicitude para a autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados pola expropiación, así como para a aprobación do proxecto de execución que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T.A. e R.B.T. da Rúa (Oroso).
Liña eléctrica aérea a 20 kV, sobre apoios de formigón e conductor LA-56 de 1.142 m de lonxitude, con orixe na liña eléctrica no lugar de Baxoia e final no C.T. A Rúa, por instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV na Rúa, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e con
ductor R.Z. de 1.590 m de lonxitude, no termo municipal de Oroso.
A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados, e publicouse no DOG do 19-5-1999, no BOP do 5-5-1999, no xornal El Ideal Gallego do 22-4-1999 e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Oroso. Tamén foron notificados individualmente os interesados que figuran na devandita relación.
Esta delegación provincial comprobou que a liña, ó seu paso polos terreos relacionados na información pública, non incorre en ningunha das prohibicións recollidas no artigo 57.A da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28), e no artigo 25 do Decreto 2619/1996, do 20 de outubro (BOE do 24).
Comprobouse igualmente que as alegacións efectuadas polos interesados en canto á modificación do trazado da liña eléctrica non poden ser tidas en conta por non se daren as condicións previstas no artigo 57.B da devandita lei e no artigo 26 do mencionado decreto.
Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617/1966 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu:
Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a súa utilidade pública, o que leva implícita a necesidade de ocupa-los bens ou de adquiri-los dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 20 de setembro de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña