Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 28 de outubro de 1999 Páx. 12.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Pousadoiro para os efectos de presentación de proxectos en competencia. (Expediente 043-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Pousadoiro coas seguintes características:

Peticionario: Gamesa Energía, S.A.

Avda. do Cruceiro, 201-A, 15705 Santiago de Compostela.

Situación: concellos de Riotorto e A Pontenova (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

Zona norte:

V(641.500, 4.799.000); V(642.000, 4.799.000)

V(641.750, 4.798.000); V(642.000, 4.797.000)

V(643.000, 4.797.750); V(644.000, 4.798.000)

V(645.000, 4.798.250); V(645.000, 4.797.500)

V(644.000, 4.797.500); V(643.000, 4.797.000)

V(641.500, 4.795.500); V(641.500, 4.794.500)

V(642.000, 4.794.00); V(641.000, 4.793.250)

V(642.000, 4.793.000); V(641.500, 4.792.5000)

V(640.500, 4.792.500); V(640.500, 4.795.000)

V(641.000, 4.796.000); V(641.500, 4.796.500)

V(641.250, 4.797.000); V(641.250, 4.798.000)

Zona centro:

V(645.000, 4.796.000); V(644.500, 4.795.000)

V(644.500, 4.794.000); V(643.750, 4.793.000)

V(643.750, 4.792.000); V(643.000, 4.792.000)

V(643.000, 4.793.000); V(643.400, 4.794.000)

V(644.000, 4.794.500); V(644.000, 4.795.000)

Superficie afectada: 1046,72 ha.

Potencia bruta: 49,5 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 16 de setembro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo