Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 28 de outubro de 1999 Páx. 12.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/115-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: LL.MM.TT., CC.TT. e RR.BB.TT. en Xesto e Godón.

Situación: Mazaricos.

Descricións técnicas: liñas eléctricas aéreas de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56: de 289 m de lonxitude, con orixe na liña Lucín-Pino do Val (Expte. 50308) e final en C.T. Xesto, por instalar. De 365 m de lonxitude, con orixe na liña Lucín-Pino do Val (Expte. 50308) e final en C.T. Godón, por instalar. Centro de transformación, tipo intemperie de 50 kVA/U e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Xesto e Godón, dos que parten redes de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 1.135 m de 1.175 m de lonxitude respectivamente. Mazaricos.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

A Coruña, 14 de setembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña