Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 27 de outubro de 1999 Páx. 12.701

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 1999, da Dirección Médica do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos, pola que se anuncia a contratación da subministración, polo procedemento aberto e trámite de urxencia mediante concurso, de dúas estacións de traballo para anestesia e unha incubadora. (C.P. 4/1999).

A Dirección Médica do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), convoca expediente de contratación da subministración sucesiva, polo procedemento aberto, mediante concurso e polo trámite de urxencia, para a adquisición de dúas estacións de traballo para anestesia e unha incubadora (C.P. 4/1999).

Obxecto e orzamento: a adquisición de 2 estacións de traballo para anestesia e 1 incubadora por un orzamento máximo de once millóns de ptas., IVE incluído (11.000.000 de ptas.).

Forma de adxudicación: adquisición polo procedemento aberto, mediante concurso público e polo trámite de urxencia.

Prazo de execución: inmediato a partir da data de resolución de adxudicación.

Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Secretaría da Dirección de Xestión do Hospital Comarcal, rúa Corredoira, s/n, 27400 Monforte de Lemos, teléfono 982 41 79 18, fax 982 40 40 06, en días laborables das 9 ata as 14 horas.

Fianzas.

-A fianza provisional será do 2% do orzamento de licitación de cada un dos lotes.

-A fianza definitiva será do 4% do orzamento de licitación de cada un dos lotes.

Constituiranse nalgunha das formas que establece os artigos 36 e 37 respectivamente da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse por algún dos documentos sinalados no anexo I do prego.

Solvencia técnica: deberá acreditarse por algún dos documentos sinalados no anexo II do prego.

Criterios de adxudicación.

-Prezo: ata 6 puntos.-Características técnicas: ata 6 puntos.-Prazo de garantía: ata 3 puntos.

Clasificación: non se precisa.

Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do hospital, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG ou enviadas por correo. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (982 40 40 06) ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas anexa á Dirección Médica do hospital, ás 12.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte ó do remate do prazo de presentación das ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no seguinte día hábil.

Documentación que deberán achega-los licitadores: deberán achega-los documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios deste concurso público será por conta dos adxudicatarios do concurso.

Monforte de Lemos, 11 de outubro de 1999.

Eleuterio López Louzao

Director médico do Hospital Comarcal

de Monforte de Lemos