Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 27 de outubro de 1999 Páx. 12.668

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 1999, do tribunal designado para xulga-las probas de constatación da capacitación profesional para o exercicio das actividades de transportistas por estrada, axencia de transporte de mercadorías, transitario e almacenista-distribuidor, convocado por Resolución do 15 de abril de 1999 da Dirección Xeral de Transportes (DOG do 23 de abril), pola que se elevan a definitivas as listas provisionais de aprobados e se ordena a súa publicación nas materias que se establecen no punto primeiro desta resolución.

En relación coas probas para a obtención de capacitación profesional para o exercicio da actividade de transportista por estrada, axencia de transporte, transitario e almacenista-distribuidor, convocadas por Resolución do 15 de abril de 1999, e unha vez rematada a revisión das reclamacións presentadas.

Este tribunal resolveu:

Primeiro.-Publica-las listas definitivas de aprobados das actividades de transportista por estrada; axencia de transporte de mercadorías, transitario e almacenista-distribuidor, que se atopan expostas nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Transportes, nas delegacións provinciais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e nos servicios provinciais de Transportes.

Segundo.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso ordinario nun prazo dun mes, contado a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Presidente do tribunal

Orde do 24 de setembro de 1999 pola que se autoriza o cambio de titularidade do centro privado Ludy de Ferrol (A Coruña).

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Ludy de Ferrol (A Coruña), solicitando o cambio de titularidade do devandito centro.

Resultando que mediante escritura pública notarial, Ludivina Lamas García cede a súa titularidade, para tódolos efectos, á sociedade cooperativa de ensino Colegio Ludy Sociedad Cooperativa Gallega.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que se uniron a este os documentos esixidos e que a petición foi obxecto de informe pola Inspección Educativa.

Resultando que o rerefrido centro docente ten a correspondente autorización para impartir ensinanzas.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que se cumpriron neste expediente tódolos requistos esixidos pola normativa vixente nesta materia.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de titularidade do centro privado Ludy de Ferrol (A Coruña) a favor do Colegio Ludy Sociedad Cooperativa Gallega, con tódolos dereitos e obrigas contraídas pola cesionista Ludivina Lamas García, sen prexuízo das responsabilidades que puidesen recaer sobre os anteriores titulares do centro por actos ou omisións realizados antes do cambio de titularidade que se autoriza.

O cambio de titularidade non afectará ó réxime de funcionamento do centro.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria