Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T. Castelo.
Situación: Melide.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x95) mm Al, de 15 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 6 da liña que alimenta o C.T. Castelo (expediente 27383) e remate no C.T. Castelo. Centro de transformación en caseta prefabricada formigón, de 400 kVA e tensións de 15-20/0,380-0,220 kV en Castelo do que parte rede subterránea de baixa tensión en conductor R.V. de 50 m de lonxitude. Melide.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
A Coruña, 14 de setembro de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña