Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 26 de outubro de 1999 Páx. 12.641

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/174-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Viesgo, S.A.

Domicilio social: r/ Medio, 12. 39000 Santander.

Denominación: ampliación subestación eléctrica 132/20 kV. Tesouro.

Situación: As Pontes.

Descricións técnicas: ampliación da subestación de Tesouro, de Endesa, nas Pontes, dotándoa dun novo módulo de 132 kV, de Electra del Viesgo, S.A., denominado Bustelo, constituído pola seguinte paramenta: seccionador xiratorio tripolar de 2.000 A con coitelas de P.A.T. Disxuntor para 145 kV e 3.150 A. Transformadores de intensidade e tensión, aparellos para protección, telemando, sinalización e medida. As Pontes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 25 de xuño de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña