Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 26 de outubro de 1999 Páx. 12.639

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 1999 pola que se corrixen erros advertidos na do 20 de maio de 1999 pola que se convocaban probas selectivas para cubrir unha praza de técnico especialista de microelectrónica do grupo III, vacante no cadro de persoal laboral desta universidade.

Advertidos erros na antedita convocatoria públicada no Diario Oficial de Galicia do 16 de xuño de 1999 (nº 114) e visto o artigo 105.2º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procede face-la corrección que se indica:

Na páxina 7.619, no punto 1.1º no apartado da puntuación do primeiro exercicio onde di: «A puntuación desta primeira fase será de 0 a 30 puntos. Para aprobar será necesario obter un mínimo de 15 puntos».

Debe dicir: «A puntuación deste exercicio será de 0 a 30 puntos. Para aprobar será necesario obter un mínimo de 15 puntos».

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 1999.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela