Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Electra del Jallas, S.A.
Domicilio social: Praza da Constitución, 17, 15000 Cee.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Ribas e Baltar.
Situación: Muxía.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 910 m de lonxitude, en conductor LA-56 que parte do apoio nº 12 da L.M.T. a C.T. Fumiñeo e final no C.T. de 50 kVA Ribas-Baltar e rede de B.T. en R.Z. de 1.510 m. Concello de Muxía.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente o seu dereito.
A Coruña, 14 de setembro de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña