Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 25 de outubro de 1999 Páx. 12.595

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 21 de setembro de 1999, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan acordos de finalización do procedemento de taxación pericial contradictoria pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Alonso González, Daniel e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse acordos de finalización do procedemento de taxación pericial contradictoria, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial de Vigo, en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio de secretaría desta delegación territorial (dependencia de notificacións), con enderezo na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 21 de setembro de 1999.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Alonso González, Daniel

DNI: non consta

Pza. Independencia, 8-1º

Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados

Expte. 3262/96, TPC.113/98

Doc.: 600502568074

J.R.P. S.L.

DNI: non consta

Ribadavia, 45

Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados

Expte. 19455/94, TPC.99/96

Doc.: 600401262667

J.R.P. S.L.

DNI: non consta

Rivadabia, 45

Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados

Expte. 13135/94, TPC.100/96

Doc.: 600400823337