Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 22 de outubro de 1999 Páx. 12.567

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

EDICTO.

No BOP número 233, correspondente ó día 9 de outubro de 1999, aparece publicada a convocatoria para cubrir en propiedade, polo sistema de oposición libre, dúas prazas de auxiliar administrativo, encadradas na escala de Administración xeral, subescala auxiliar, pertencentes ó grupo D.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOE ou no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria faranse públicos unicamente, cando proceda en cada caso, no BOP da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Ames.

Ames, 13 de outubro de 1999.

O alcalde

Rubricado