Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 22 de outubro de 1999 Páx. 12.565

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 1999, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación definitiva dos concursos públicos 122 e 124/1999.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, do 11 de maio) e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumplidos os trámites administrativos correspondentes, acorda darlles publicidade as adxudicacións dos seguintes contratos:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, As Xubias de Arriba, 84; 15006 A Coruña.

Número de expediente: C.P. 122/1999.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: contrato de subministración.

Descrición do obxecto: contratación do servicio de transporte de roupa entre os centros do Complexo Hospitalario Juan Canalejo e a súa lavandería central.

Lotes.

Lote 1: contratación do servicio de transporte de roupa entre os centros do Complexo Hospitalario Juan Canalejo e a súa lavandería central.

Anuncio de licitación publicado no DOG nº 137, do 19 de xullo de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: 24.000.000 de ptas. (144.242,91 euros).

5. Adxudicación.

Data: 20 de setembro de 1999.

Contratistas.

Lote 1: Hisanta, S.L. 20.416.000 ptas. (122.702,63 euros).

Orzamento total: 20.416.000 ptas. (122.702,63 euros).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, As Xubias de Arriba, 84; 15006 A Coruña.

Número de expediente: C.P. 124/1999.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: contrato de subministración.

Descrición do obxecto: adquisición de camas, mesiñas, sillóns e colchóns (Plan Necesidades 1999).

Lotes.

Lote 1: camas hospitalarias (107) e mesiñas (107).

Lote 2: sillóns de pacientes (107).

Lote 3: colchóns (107).

Anuncio de licitación publicado no DOG nº 140, do 22 de xullo de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: 29.050.500 ptas. (174.597,02 euros).

5. Adxudicación.

Data: 20 de setembro de 1999.

Contratistas.

Lote 1: Astaburuaga, S.A. 24.289.000 ptas. (145.979,83 euros).

Lote 2: Medical Ibérica, S.A. 3.156.500 ptas. (18.970,95 euros).

Lote 3: Ekipo S. C. Ltda. 1.226.220 ptas. (7.369,73 euros).

Orzamento total: 28.671.720 ptas. (172.320,51 euros).

A Coruña, 20 de setembro de 1999.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña