Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 22 de outubro de 1999 Páx. 12.564

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

ANUNCIO das listas de admitidos e excluídos das probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de analistas programadores do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

Ó abeiro do disposto na base 4.1 da Resolución do 27 de xullo de 1999, do Centro Informático de Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de analistas programadores, anúnciase que o director xeral deste centro dictou Resolución do 11 de outubro de 1999, pola que declara aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos de analistas programadores.

As ditas listas están expostas no taboleiro de anuncios do citado centro, e poden ser consultadas, así mesmo, no seguinte enderezo de Internet http://www.cixtec.es.

Os aspirantes disporán dun prazo de 10 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio para poder corrixi-los defectos que consideren oportunos.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 1999.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable