Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 22 de outubro de 1999 Páx. 12.561

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 22 de setembro de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Matilde número 1 (Cangas H, cuadrícula número 14) a favor de Juan Carlos Román Jalda (DNI 35.298.999-W) e María Elena Marcos Gil (DNI 76.812.209-Y).

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización de acordo co artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21) e

que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: Matilde nº 1.

Cultivo: mexillón (M. galloprovincialis).

Localización: Cangas H, cuadrícula nº 14.

Data da concesión: 2-3-1966. (BOE nº 62).

Data na que remata a derradeira prórroga: 14-3-2006.

Anterior concesionario: Mª Isabel Rodríguez Martínez (78.737.790-G).

Novo titular da concesión: Juan Carlos Román Jalda (35.298.999-W) e Mª Elena Marcos Gil (76.812.209-Y).

O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 22 de setembro de 1999.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG nº 134, do 10 de xullo)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Pontevedra