Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 22 de outubro de 1999 Páx. 12.560

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 21 de setembro de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada JOR I, a favor de José Lorenzo Lorenzo e Filomena Ouviña Bures.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, (DOG nº 228, do 21) e que foi acreditada a transmisión de dereitos incoada e aboado os imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, procla

mando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: JOR I.

Cultivo: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: Caramiñal E, cuadrícula 94.

Data da concesión: 31-3-1965.

Data de finalización da última prórroga: 14-4-2005.

Anterior concesionario: José Ramón Iglesias Otero (33.213.263) e Manuel Lorenzo Iglesias (33.213.264).

Novo titular da concesión e batea: José Lorenzo Lorenzo (33.194.693) e Filomena Ouviña Bures (76.497.148).

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou recurso contencioso-administrativo, que se interporá no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación ou publicación ante a xurisdicción contencioso-administrativa, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de procedemento administrativo común e no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 21 de setembro de 1999.

P.D. (Orde 14-6-1990, DOG nº 120, do 24)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña