Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. O Arrabal-As Mariñas.
Situación: Oia.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, de 184 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde un apoio s/n da L.M.T. Ros 806 (Oia-Baiona) ata o C.T. que se proxecta no Arrabal-As Mariñas, concello de Oia. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220. R.B.T, aérea de 240 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 6 de setembro de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra