Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 22 de outubro de 1999 Páx. 12.524

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 8 de outubro de 1999 pola que se trasladan ensinanzas de formación profesional do IES Roberto Vidal de la Torre de Ferrol ó IES Ricardo Carballo Calero de Ferrol.

O sistema educativo está nun momento de transformación e cambio que se manifesta de maneira especial na formación profesional, e para responder ás necesidades de cualificación dos distintos sectores productivos da nosa economía é preciso unha permanente adaptación da oferta de ensinanzas.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, co ánimo de optimiza-los recursos existentes, considera que é necesario o traslado das ensinanzas de formación profesional da rama perruquería e estética, da especialidade de perruquería de Ferrol, do IES Roberto Vidal de la Torre ó IES Ricardo Carballo Calero.

Tendo en conta o informe da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autoriza-lo traslado das ensinanzas de formación profesional da rama perruquería e estética, da especialidade de perruquería, do IES Roberto Vidal de la Torre de Ferrol ó IES Ricardo Carballo Calero de Ferrol.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Segunda.-Autorízanse a Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa e a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional para dicta-las normas necesarias para a aplicación e desenvolvemento do establecido nesta orde.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria