Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 22 de outubro de 1999 Páx. 12.522

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 1999 pola que se resolve o concurso público para a concesión de axudas para a realización de dous proxectos de investigación relativos ós centros de educación non universitarios, convocado pola Orde do 14 de xullo de 1999 (DOG do 29 de xullo).

Por Orde do 14 de xullo de 1999 (DOG do 29), convócase concurso público para a realización de dous proxectos de investigación relativos ós centros de educación non universitaria.

As solicitudes admitidas para participar neste concurso foron estudiadas pola comisión de selección designada segundo o previsto no artigo 4 da citada Orde do 14 de xullo.

En consecuencia, atendendo a citada proposta, esta secretaría xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlles axudas para a realización de dous proxectos de investigación, ás persoas que se relacionan no anexo a esta resolución e na contía e anualidades que en cada caso se sinalan.

Segundo.-As axudas que se relacionan no anexo comprenderán a totalidade da axuda necesaria para a realización do correspondente proxecto de investigación, incrementada nun 10% destinado ós gastos institucionais que a súa execución supón ó organismo ó que pertence o investigador responsable.

Terceiro.-As subvencións de que se trata faranse efectivas mediante libramento único e por cada anualidade e a través da Universidade de Santiago de Compostela logo da presentación das correspondentes certificacións de gastos y de acordo coa normativa vixente.

Cuarto.-O incumprimento por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 14 de xullo de 1999 suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Quinto.-Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da data da súa publicación no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Sen embargo, os interesados poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 1999.

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación

e Desenvolvemento

ANEXO

Investigador principal: Rosa Mª Rivas Torres.

Organismo: Univ. Santiago de Compostela.

Cod. proyecto: PGIDT99EDU211.01.

Título proxecto: atención á diversidade nas dificultades da aprendizaxe.

Anos/cantidades en miles de ptas.

1999: 2.500.

2000: 1.900.

Total: 4.400.

Investigador principal: Antonio F. Rial Sánchez.

Organismo: Univ. Santiago de Compostela.

Cod. proxecto: PGIDT99EDU214.01.

Título proxecto: aspectos cualitativos da formación en alternancia.

Anos/cantidades en miles de ptas.

1999: 1.850.

2000: 1.450.

Total: 3.300.