Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 21 de outubro de 1999 Páx. 12.514

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

ANUNCIO.

Prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación, por concurso público, de consultoría e asistencia técnica ó Concello das Pontes de García Rodíguez en obras públicas.

Aprobado pola Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 16 de setembro de 1999, o prego sinalado anteriormente, exponse ó público durante o prazo de oito días e simultáneamente convócase o concurso para a presentación de proposicións, que se poderán presentar durante os trece días naturais seguintes ó da publicación do correspondente anuncio no BOP.

O prego atópase á disposición dos interesados nas oficinas municipais.

As Pontes de García Rodríguez, 8 de outubro de 1999.

Víctor Guerreiro Pena

Alcalde-presidente