Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 21 de outubro de 1999 Páx. 12.512

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 1999, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a contratación de técnicas de terapia respiratoria a domicilio.

1. Nomes e enderezos do órgano de contratación: Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Eco

nómicos, Subdirección Xeral de Orzamentos, sito no edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 981 54 27 78; fax 981 54 27 62, Santiago de Compostela.

2. Descrición do servicio: servicios de terapia respiratoria a domicilio.

Orzamento total: 4.672.098.121 ptas., IVE incluído, (28.079.875,24 euros), distribuído nos seguintes lotes e anualidades:

Distribución

por lotes e anos

Provincias19992000200120022003Total

Lote de técnicas nº 1A Coruña44.178.408530.140.890530.140.890530.140.890485.962.4832.120.563.561

Lote de técnicas nº 2Lugo15.535.358186.424.300186.424.300186.424.300170.888.942745.697.200

Lote de técnicas nº 3Ourense16.829.985201.959.820201.959.820201.959.820185.129.835807.839.280

Lote de técnicas nº 4Pontevedra20.791.627249.499.520249.499.520249.499.520228.707.893997.998.080

Total lotes97.335.3781.168.024.5301.168.024.5301.168.024.5301.070.689.1534.672.098.121

3. Lugar de execución: no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación esixida ós empresarios españois:

Grupo: III.

Subgrupo: I.

Categoría: D.

Para os empresarios de estados membros da Comunidade Europea, aplicarase o disposto no artigo 25.2º da Lei de contratos das administracións públicas.

Para as empresas estranxeiras non comunitarias, aplicarase o disposto no artigo 23 da Lei de contratos das administracións públicas.

5. Indicacións relativas á posibilidade de licitar por partes ou pola totalidade do obxecto do contrato: poderase licitar pola totalidade ou por algún dos lotes.

6. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

7. Duración do contrato ou prazo para realiza-lo servicio: catro anos, contados desde o día que se indique no documento de formalización.

8.a) Datos do servicio ó que poden solicita-los documentos correspondentes: División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Orzamentos, Servicio de Xestión de Concertos e Recursos Propios (edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º, Santiago de Compostela).

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 11-11-1999.

9.a) Data límite de recepción das ofertas: 18-11-1999.

b) Enderezo ó que deben dirixirse as ofertas: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. Sergas (División de Recursos Económicos), edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela 15704.

c) Lingua/s en que deban redactarse: castelán ou galego.

d) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

e) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: realizarase o día 29-11-1999, a partir das 9.30 h, na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, no edificio administrativo de San Caetano de Santiago de Compostela.

10. Garantías esixidas: garantía provisional 2% do orzamento de licitación.

Garantía definitiva do 4% do orzamento de licitación.

Constituirase segundo o disposto no artigo 37 da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresarios adxudicatarios do contrato: as unións de empresarios poderán participar neste concurso nos termos previstos no artigo 24 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

13. Condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o contratista: as condicións que se establecen no prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, desde a data da apertura das proposicións.

15. Criterios de adxudicación do contrato: os que se establecen na cláusula 12ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

16. Información complementaria: calquera outra información solicitarase ó Servicio de Xestión de Concertos e Recursos Propios, Subdirección Xeral de Orzamentos da División de Recursos Económicos do Sergas, teléfono 981 54 27 78.

17. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa: 3-6-1999.

18. Data de envío do anuncio: 13-10-1999.

19. Data de recepción do anuncio na Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas:

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 1999.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos