Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 21 de outubro de 1999 Páx. 12.511

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 1999 pola que se somete a información pública o expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do parque empresarial de Guitiriz.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo, con data do 5 de setembro de 1992, asinou un convenio co Concello de Guitiriz para a creación dun parque empresarial no dito concello.

A Corporación Municipal en Pleno, en sesión que tivo lugar o día 29 de maio de 1997 (DOG nº 112) aprobou definitivamente o plan parcial do parque empresarial de Guitiriz. Este plan parcial establece como sistema de actuación para a súa execución o de expropiación, o que implica a declaración de utilidade pública das obras e a necesidade de ocupación dos terreos e edificios correspondentes ós fins da expropiación, segundo o artigo 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións.

Os bens e dereitos afectados pola expropiación están comprendidos dentro do ámbito da unidade de execución delimitada no plan parcial do parque empresarial de Guitiriz, e están concretados na relación de propietarios e titulares de bens e dereitos que se precisan ocupar, que se publica conxuntamente con esta resolución.

O artigo 144 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, permítelle á Administración actuante aplicar en tódalas expropiacións urbanísticas o procedemento de taxación conxunta regulado nos artigos 145 e seguintes do dito texto legal.

De conformidade co previsto nos artigos 145 e seguintes da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública o expediente de expropiación dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do parque empresarial de Guitiriz.

O expediente estará exposto nas oficinas da Sociedade de Xestión Urbanística de Lugo, S.A. sita na praza de Santo Domingo nº 6, 5º de Lugo, e na Casa do Concello de Guitiriz, polo prazo dun mes a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las alegacións que consideren oportunas, por triplicado exemplar, no rexistro da Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sito na Avenida Ramón Ferreiro nº 28, de Lugo.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 1999.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

Relación de propietarios do parque empresarial

de Guitiriz

Predio

PropietariosSuperficie

(m)

Prezo xusto pesetas

(incluído 5% premio

de afección)

P-1Monte en man común.

Propiedade da parroquia de Santa Mariña.

Veciños de Santa Mariña de Lagostelle.

27300 Guitiriz (Lugo)

86.26032.606.280

P-2Monte en man común.

Propiedade da parroquia de San Xoán.

Veciños de San Xoán de Lagostelle.

27300 Guitiriz (Lugo)

11.7604.445.280