Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,
sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: García Barbón, 38, 36000 Vigo.
Denominación: L.M.T. Alameda-Santo André de Comesaña.
Situación: Vigo.
Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV, de 65 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un apoio, para colocar, na L.M.T. ó C.T. Santo André de Comesaña, ata o C.T. que se proxecta en Alameda-Santo André de Comesaña, concello de Vigo. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T., subterránea, de 140 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 3 de setembro de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra