Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 21 de outubro de 1999 Páx. 12.506

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/339-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A..

Domicilio social: García Barbón, 38, 36000 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. rúa Martín Echegaray 22.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 62 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. desde a L.M.T. Bal 718 entre os CC.TT., en proxecto, Martín Echegaray e Insalud Coia, rematando no punto de inicio da liña, no concello de Vigo. C.T. de 1.000 kV, relación de transformación 15 kV-380/220 V, na rúa Martín Echegaray 22. R.B.T, subterránea, de 65 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 3 de setembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra