Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 21 de outubro de 1999 Páx. 12.497

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (113/1998-01).

Eu, Elma Monzón Cuesta, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo de faltas 113/1998, sobre furto, feito que aconteceu en Santiago de Compostela o 16 de decembro de 1997, no que foron partes, como denunciante, María Milagros Álvarez Martínez e, como denunciados, Abel Figueiras Gerpe e Santiago Torres Cidranes, se dictou sentencia, coa seguinte resolución:

«Absolvo a Santiago Torres Cidranes e a Abel Figueiras Gerpe de responsabilidade penal polos feitos orixe destas actuacións, e con declaración das custas de oficio».

E para que lle sirva de notificación a Santiago Torres Cidranes, expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela o 14 de setembro de 1999. Dou fe.

A secretaria

Rubricado