Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 20 de outubro de 1999 Páx. 12.470

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO de licitación urxente de traballos de consultoría e asistencia incluídos no artigo 197.2º da Lei 13/1995, mediante concurso con procedemento aberto.

1. Proxecto: redacción do proxecto basico e de execución para a remodelación integral da praza do Concello de Boiro e edificacións de uso público do seu contorno.

2. Tipo de licitación: prezo máximo de 17.459.621 pesetas.

3. Partida: 432.640.000 ptas.

4. Prazo de execución: 3 meses.

5. Clasificación: non se esixe.

6. Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral deste concello, en horario de 9 a 13 horas.

7. Prazo de presentación de proposicións: no prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no DOG ou no BOP.

8. Garantía provisional: non se esixe.

9. Garantía definitiva: 698.385 ptas.

10. Revisión de prezos: b) Non procede.

MODELO DE PROPOSICIÓN

D/Dª... con domicilio en... rúa... teléfono... con DNI número... actuando en nome propio (ou en representación de... conforme acredita con poder verificado na súa suficiencia) toma parte no concurso con procedemento aberto para a adxudicación da consultoría e asistencia consistente en... e fai constar:

1. Ofrece o prezo de... ptas. (en letra e en número) e que significa unha baixa de... puntos en relación co tipo de licitación.

2. Ofrece como prazo de execución do traballo o de... meses.

3. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven do prego de cláusulas administrativas particulares do presente contrato e xunta a documentación esixida no citado prego.

En..., ... de... 199.

O licitador (asino e rubricado)

Expediente: o expediente, prego de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas atópanse á disposición dos interesados nas oficinas municipais durante o prazo e horas de presentación de proposicións.

Boiro, 7 de outubro de 1999.

O alcalde en funcións

Rubricado