Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 20 de outubro de 1999 Páx. 12.469

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 1999 pola que se fai pública a adxudicación definitiva do contrato de subministración de cinco copiadoras e un fax con destino á nova sede do Instituto Galego de Estatística.

De acordo co previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación definitiva do contrato de subministración do mobiliario para a nova sede do Instituto Galego de Estatística:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica-Administrativa.

c) Nº de expediente: 625.1/02.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: cinco copiadoras e un fax con destino á nova sede do Instituto Galego de Estatística.

c) DOG e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 154, do 11 de agosto de 1999.

3. Tramitación, forma e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación: 5.000.000 de ptas. (30.050, 60 euros) distribuídas en:

Lote I: 2.600.000 ptas. (15.626, 31 euros).

Lote II: 2.400.000 ptas. (14.424, 29 euros).

5. Adxudicación:

a) Data: 13 de setembro de 1999.

b) Empresa adxudicataria:

Lote I: N.R.G. Comunicaciones, S.A.

Lote II: Canon Copiadoras de A Coruña.

c) Importe: 4.794.496 ptas. (28.815, 50 euros) distribuídas en:

Lote I: 2.435.856 ptas. (14.639, 79 euros).

Lote II: 2.358.640 ptas. (14.175, 71 euros).

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 1999.

José Antonio Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística