Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 20 de outubro de 1999 Páx. 12.467

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 1999, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de construcción da dársena de atraque no porto da Pasaxe, situado no municipio da Guarda, provincia de Pontevedra, e promovido polo Club Náutico Pasaxe de Camposancos.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de construcción da dársena de atraque no porto da Pasaxe, situada no municipio da Guarda, provincia de Pontevedra, e promovido polo Club Náutico Pasaxe de Camposancos.

2. Para os devanditos efectos informativos, porase, á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Pontevedra.

-Concello da Guarda.

3. As alegacións formularanse durante o dito prazo de vinte días contando a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 1999.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental