Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 20 de outubro de 1999 Páx. 12.466

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se fai pública a adxudicación da subministración do material informático para a actualización da infraestructura informática do Servicio Público de Emprego de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

c) Número de expediente: 24/99.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración do material informático para a actualización da infraestructura informática do Servicio Público de Emprego de Galicia.

c) Boletín e diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: DOG do 24 de maio de 1999, nº 97.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 22.200.000 ptas.

Lote 1: 16.700.000 ptas.

Lote 2: 5.500.000 ptas.

5. Adxudicación.

a) Data: 25-6-1999.

b) Contratista: QED Systems (lote 1).

Dinsa (lote 2).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación:

Lote 1: 16.449.500 ptas.

Lote 2: 5.500.000 ptas.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 1999.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude