Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 19 de outubro de 1999 Páx. 12.428

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ANUNCIO.

O Instituto Galego de Medicina Técnica anuncia a convocatoria pública do seguinte posto vacante, de acordo coas seguintes bases:

Radiofísico hospitalario.

Titulación: título homologado de especialista en radiofísica hospitalaria. Valoraranse coñecementos en inglés.

Experiencia: valorarase experiencia en aceleradores lineais, planificación 3D, braquiterapia, simulación 3D, radiocirurxía, medicina nuclear, radiodiagnóstico e protección radiolóxica.

Procedemento de selección: valoración dos méritos (55%), probas psicotécnicas (15%) e entrevista persoal (30%).

Presentación de solicitudes:

Os interesados que cumpran os requisitos esixidos deberán remiti-lo seu currículum, indicando a referencia RF99 dirixido ó Instituto Galego de Medicina Técnica, praza Europa, 5A-6º B (15703 Santiago de Compostela), no prazo improrrogable de quince días naturais contados a partir do día seguinte da publicación do presente anuncio. Deberá presentarse copia compulsada, se é o caso, dos certificados de servicios prestados, dos diplomas acreditativos de cursos e do título mínimo esixido para cada convocatoria.

Inicio das probas:

As probas non se realizarán antes dun mes desde que se publique esta convocatoria, de acordo co disposto no artigo 4 da Lei 10/1996.

Íñigo Álvarez Canoa

Director xerente do Instituto Galego

de Medicina Técnica, S.A.