Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 19 de outubro de 1999 Páx. 12.426

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

CONVOCATORIA de axudas de acción social para el persoal do Consello de Contas de Galicia para o exercicio de 1999.

A comisión de goberno do Consello de Contas de Galicia en reunión do 7 de outubro de 1999 aprobou as bases reguladoras para a concesión de axudas ó seu persoal encadradas dentro dos fondos de acción social para o exercicio 1999. As ditas bases están expostas no taboleiro de anuncios da institución, quedando aberto o prazo de presentación de solicitudes a partir do día seguinte do da publicación deste anuncio no DOG.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 1999.

Carlos Otero Díaz

Conselleiro maior