Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. rúa Hospital, 10.
Situación: O Grove.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, de 410 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V, desde a L.M.T.S. ó C.T. Luis Casais ata o C.T. que se proxecta na rúa Hospital nº 10, concello do Grove. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T, subterránea, de 265 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade esta
blecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
Pontevedra, 8 de setembro de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra