Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 19 de outubro de 1999 Páx. 12.414

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de setembro de 1999 pola que se modifica o concerto educativo cos centros docentes privados que se relacionan no anexo.

Por Orde do 20 de xullo de 1999 (DOG do 23 de agosto) aprobáronse os concertos educativos cos

centros docentes privados de educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial, programas de garantía social, ciclos formativos de grao medio e formación profesional de segundo grao.

Tendo en conta as ensinanzas para as que están autorizados os centros privados que se relacionan no anexo da presente orde, así como os alumnos

efectivamente escolarizados no presente curso escolar no nivel de educación secundaria obrigatoria, e a demanda do alumnado para as ensinanzas de formación profesional.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ó abeiro do artigo 46 do Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro (BOE do 27), polo que se aproba o Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Modifica-lo concerto educativo cos centros docentes privados que no anexo da presente orde se relacionan, sendo a súa efectividade desde o 1 de setembro de 1999.

Segundo.-A presente orde entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente disposición, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña

Concello: A Coruña.

Centro: Liceo La Paz.

Concértase o ciclo formativo de grao medio de farmacia (unha unidade) en substitución do ciclo formativo de grao medio de coidados auxiliares de enfermería (unha unidade).

Concello: Pontedeume.

Centro: San José.

Concértase o programa de garantía social servicios auxiliares de oficina (unha unidade) en substitución do ciclo formativo de grao medio comercio (unha unidade).

Provincia: Lugo

Concello: Foz.

Centro: Martínez Otero.

Redúceselle unha unidade do 1º ciclo de educación secundaria obrigatoria.

Concello: Monforte de Lemos.

Centro: Divina Pastora.

Redúceselle unha unidade do 2º ciclo de educación secundaria obrigatoria.

Provincia: Pontevedra.

Concello: Caldas de Reis.

Centro: San Fermín.

Concértaselle un ciclo formativo de grao medio de equipos e instalacións electrotécnicas (unha unidade-2º curso).

Redúceselle un ciclo formativo de grao medio de comercio (unha unidade).

Concello: Vigo.

Centro: Atalaya Cantabria.

Redúceselle a duración do concerto educativo a un ano.

Concello: Vigo.

Centro: Hogar y Clínica San Rafael.

Concértaselle unha unidade privada de educación especial (psíquicos) en substitución dunha unidade de patronato de educación especial (psíquicos) motivada pola baixa definitiva dun funcionario que a ocupaba, quedando o concerto establecido en 1/4 unidades de educación especial (psíquicos).

Concello: Vigo.

Centro: Vivas.

Concértaselle un ciclo formativo de grao medio de farmacia (unha unidade) en substitución dun ciclo formativo de grao medio de coidados auxiliares de enfermería (unha unidade) e un programa de garantía social servicios auxiliares de oficina (unha unidade) en substitución dun ciclo formativo de grao medio xestión administrativa (unha unidade).