Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 19 de outubro de 1999 Páx. 12.376

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 7 de outubro de 1999, polo que se aproba a nova relación de postos de traballo da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Polo Decreto 109/1998, do 5 de marzo (DOG nº 65, do 6 de abril) establécese a estructura orgánica da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura para adaptala á nova estructura da Xunta de Galicia e dos seus departamentos, fixada polos decretos 347/1997, do 9 de decembro e 351/1997, do 10 de decembro. Pola súa parte o Decreto 218/1999, do 15 de xullo (DOG nº 143, do 27 de xullo) modifica os artigos 4 a 8 do Decreto 109/1998.

Todo isto fai necesario elaborar unha nova relación de postos de traballo da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

En consecuencia, por proposta da devandita consellería, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día sete de outubro de mil novecentos noventa e nove, adoptou o seguinte

ACORDO:

1. Aproba-la relación de postos de traballo da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

2. Ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

3. Clasificar como postos de libre designación, de acordo coas motivacións que se especifican, os seguintes:

CódigoDenominaciónMotivación

PE.C01.00000.15770.001

PE.C01.00000.15770.002

PE.C02.00000.15770.001

PE.C03.00000.15770.001

PE.C04.00000.15770.001

PE.C05.00000.15770.001

PE.C99.10000.15001.001

PE.C99.10000.27650.001

PE.C99.10000.36560.001

Secretario/a do/a conselleiro/a

Secretario/a de apoio

Secretario/a do /a secretario/a xeral

Secretario/a do/a director/a xeral

Secretario/a do/a director/a xeral

Secretario/a do/a director/a xeral

Secretario/a do/a delegado/a

Secretario/a do/a delegado/a

Secretario/a do/a delegado/a

Artigo 6 da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 21 de novembro de 1989 (DOG nº 232, do 4 de decembro).

Postos de confianza.

PE.C02.00001.15770.040

PE.C02.00001.15770.041

PE.C99.10000.15001.038

PE.C99.10000.27650.020

PE.C99.10000.36560.028

Sección Habilitación e Seguridade Social

Habilitado

Habilitación

Habilitación

Habilitación

Postos de especial responsabilidade polo manexo de fondos públicos.

PE.C03.00002.15770.016Sección de vixilanciaPosto de especial responsabilidade e confianza derivadas das funcións de coordinación dos medios persoais, tanto propios como dependentes doutras administracións, con competencia en materia de vixilancia dos recursos mariños, e do necesario grao de sixilo nas súas actuacións.

Funcións directivas de planificación de recursos e de control.

PE.C99.30000.15350.001

PE.C99.30000.15720.001

PE.C99.30000.36001.001

PE.C99.30000.36590.001

Delegado comarcal

Delegado comarcal

Delegado comarcal

Delegado comarcal

Postos de especial responsabilidade derivada das funcións de comunicación directa co sector pesqueiro da comarca respectiva.

Funcións de coordinación e planificación.

PE.C99.40202.36590.001

PE.C99.40201.36600.002

Xerente

Xerente

Postos de especial responsabilidade e confianza, derivadas do manexo de fondos públicos.

Funcións de carácter directivo de coordinación, así como de planificación e control.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do sete de outubro de mil novecentos noventa e nove, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se

publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

Novos códigos de formación específica:

495. Capitán de pesca (mérito).

713. Curso de formación de funcionarios da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura para o recoñecemento das especies, artes e instalacións obxecto de procedementos administrativos por instancia de parte (mérito).

714. Experiencia en xestión de expedientes de axudas e subvencións. Experiencia en tramitación de expedientes de gasto e xestión orzamentaria. Esperiencia en xestión de fondos estructurais comunitarios (mérito).

715. Experiencia en xestión e tramitación de procedementos de outorgamento do uso do dominio público (mérito).

716. Experiencia en procedementos de reordenación de establecementos de acuicultura mariña ou de concentración parcelaria (mérito).

717. Experiencia mínima de dous anos en programas de control e técnicas de análise de microbioloxía e patoloxía de moluscos e peixes (R.I.).

718. Experiencia mínima de dous anos en xestión ou implantación de sistemas de calidade en laboratorios de análises de augas e/ou organismos mariños, segundo a norma EN45001 (R.I.).

719. Curso de medicina hiperbárica dun mínimo de 100 horas impartido por unha universidade ou institución oficial (R.I.).

720. Especialidade de mergullo de instalacións e sistemas de mergullo (R.I.). Título de operador de cámaras hiperbáricas (mérito).

Observacións:

(1) Ocupado laboral fixo.

(2) Sen dotar orzamentariamente.

(3) Horario especial.

(4) Ocupado funcionario de Administración xeral.

(5) Ocupado Administración especial.

(6) Nocturnidade.

(7) 6 horas semanais.

(8) 20 horas semanais.