A entidade Asociación de Ganaderos de A Coruña, Sociedad Cooperativa Limitada, con enderezo social na Costa da Palloza, nº 3-1º, 15006 A Coruña, solicitou o recoñecemento como Agrupación de Productores Agrarios (APA) para a comercialización de leite de vaca, conforme o Real decreto 280/1988, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, do 18 de marzo, e a normativa comunitaria ó respecto, relativa ás Agrupacións de Productores e ás súas Unións.
Considerando que a citada cooperativa cumpre as condicións esixidas, e en consonancia co establecido no artigo 30.I.1 e 3º do Estatuto de autonomía de Galicia, en uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,
ACORDO:
Primeiro.-Recoñecer como Agrupación de Productores Agrarios para a comercialización de leite de vaca a Asociación de Ganaderos de A coruña, Sociedad Cooperativa Limitada, con ámbito territorial na provincia da Coruña.
Segundo.-Comunicarlle ó Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación o seu recoñecemento para que proceda á súa inscrición no rexistro xeral de Agrupacións de Productores e ás súas Unións.
Santiago de Compostela, 6 de outubro de 1999.
Cástor Gago Álvarez
Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política
Agroalimentaria